Fondos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede a SETGA, S.L.U. unha axuda para a Implantación dun Plan de Igualdade.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede a SETGA, S.L.U. unha axuda para a Implantación dun Plan de Igualdade.

A Entidade foi beneficiaria dunha axuda, por importe de 1.996,00€ para levar a cabo a 1ª Fase de Implantación do seu Plan de Igualdade.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria notificou á Entidade SETGA, S.L.U. a Resolución correspondente ás Axudas para implantar a RSE, Igualdade Laboral e Conciliación Laboral e Persoal mediante a cal se concede á Entidade unha subvención dentro da liña II, para a Implantación das Medidas Prioritarias do seu Plan de Igualdade.

Esta Axuda, que está financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para cumprir co recollido na Axenda 20 para o Emprego da Xunta de Galicia, ten entre os seus retos acadar un emprego de calidade, para o que a cultura empresarial da RSE xoga un papel fundamental e permitirá que a Entidade faga efectiva a Implantación das medidas recollidas no Plan de Igualdade da empresa, e adoptar unha serie de actuacións, tra-lo diagnóstico realizado, tendentes a alcanzar na empresa a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, co fin de eliminar calquera discriminación por razón de sexo (entre outras, en materia de acceso ó Emprego, clasificación profesional, promoción e formación, retribucións, etc.)

Dende SETGA cremos firmemente na importancia da RSE e consideramos que esta medida supón outro paso mais para conseguir a igualdade efectiva.

Enlace á noticia