Fondos

SETGA BENEFICIASE DAS LIÑAS DE AXUDA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, CO FIN DE FOMENTAR A FLEXIBILIDADE LABORAL

SETGA BENEFICIASE DAS LIÑAS DE AXUDA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, CO FIN DE FOMENTAR A FLEXIBILIDADE LABORAL

A Entidade foi beneficiaria dunha axuda pola cal parte do seu cadro de persoal poderá modificar o seu horario laboral e adaptalo ás súas necesidades persoais.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria notificou á Entidade SETGA, S.L.U.  a Resolución correspondente ás Axudas para implantar a RSE, Igualdade Laboral e Conciliación Laboral e Persoal mediante a cal se concede á Entidade unha subvención dentro da liña III, Subliña II, para o fomento da Flexibilidade Horaria.

Esta axuda, que está cofinanciada nun 80% a través do programa operativo do FSE de Galicia 2014-2020, permitirá a 4 dos seus traballadores dar un paso máis na conciliación da vida laboral e persoal, mediante a adopción dun acordo asinado entre a Empresa, a RLT e os traballadores beneficiarios, para que a partires do mes de outubro do ano 2018 modifiquen o seu horario habitual co fin de adecualo ás necesidades particulares de cada un deles.

Consideramos que esta medida suporá un dobre beneficio, xa que por un lado os empregados terán unha xornada laboral moito mais flexible, o que lles permita conciliar, e por outro, redundará nun mellor clima laboral, que se traducirá, sen ningunha dúbida, nunha mellor atención ao cliente.

Enlace á noticia