Fondos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede a SETGA, S.L.U. unha axuda para a certificación da RSE na Norma SA8000

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede a SETGA, S.L.U. unha axuda para a certificación da RSE na Norma SA8000

A Entidade foi beneficiaria dunha axuda, por importe de 3.000,00€, para levar a cabo a implantación da RSE na empresa (SGE21 SA 8000)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria notificou á Entidade SETGA, S.L.U. a Resolución correspondente ás axudas para implantar a RSE, Igualdade Laboral e Conciliación Laboral e Persoal mediante a cal se concede á Entidade unha subvención dentro da Liña I. Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionando a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conducta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

Esta Axuda, que está financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para cumprir co recollido na Axenda 20 para o Emprego da Xunta de Galicia, ten entre os seus retos acadar un emprego de calidade, para o que a cultura empresarial da RSE xoga un papel fundamental e permitirá que a Entidade faga efectiva a implantación da responsabilidade social empresarial, coa creación e desenvolvemento do Sistema de Xestión de Responsabilidade Social, onde a Dirección da empresa SETGA comprométese a respectar os criterios establecidos na norma SA 8000, na liña do principio de transparencia da empresa e do bo goberno, e cos principios, valores e pautas de comportamento que a empresa atesora e desprega en relación a todos e cada un dos grupos de interese relacionados coa actividade.

Dende SETGA cremos firmemente na importancia da RSE e consideramos que esta medida supón outro paso mais para conseguir o impulso e desenvolvemento das políticas de igualdade laboral e de fomento da adopción de medidas de corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral na empresa.

Enlace á noticia